Tuesday 30 de April de 2024

Cariño destina preto de 200.000 euros á mellora da seguridade viaria nas rúas Menéndez Pidal e Aguillóns


· As obras, financiadas a través do Plan Único da Deputación, están a piques de ser adxudicadas e comezarán nas próximas semanas.

· En Menéndez Pidal crearanse beirarrúas en todo o tramo mentres que as de Aguillóns renovaranse, do mesmo xeito que o pavimento nas dúas rúas.

O Concello de Cariño investirá un total de 191.077,6 euros para a realización de dous proxectos de mellora de seguridade viaria nas rúas Menéndez Pidal e Aguillóns, financiados a través do Plan Único da Deputación dá Coruña e que están a piques de ser adxudicados para comezar os traballos nas próximas semanas.

No caso da rúa Menéndez Pidal, o orzamento é de 106.557,82 euros e a actuación inclúe a creación de beirarrúas con pavimento de formigón en todo o tramo (295 metros de lonxitude), a renovación do pavimento nun tramo e 230 metros e a mellora da rede de pluviais para evitar que vaian parar á de fecais.

Doutra banda, na rúa Aguillóns renovaranse as beirarrúas con bordo existentes, que son moi estreitas e están deterioradas polo paso dos anos. Tamén se mellorará o pavimento da estrada en toda a rúa (220 metros de lonxitude).